Sunday 28 de April de 2024

A exposición fotográfica “O legado hispano na Illa de Guam” poderá visitarse en Caión do 9 ao 27 de outubro


No centro sociocomunitario, de luns a venres de 17:00 a 20:00 h.

O centro sociocomunitario de Caión acollerá do 9 ao 27 de outubro a exposición fotográfica O legado hispánico na illa de Guam, unha mostra cultural con máis dun centenar de imaxes das pegadas españolas aínda presentes na Micronesia que poderá visitarse de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas.

O organizador da exposición é Clark Limtiaco, investigador e asesor cultural de Guam, de onde é natural. Esa illa do Pacífico occidental pertence aos Estados Unidos desde 1898, pero foi territorio español durante máis de tres séculos. Tivo unha gran relevancia nas épocas da exploración e do primeiro comercio global ao ser a escala máis importante na ruta marítima da Nao de China que conectaba os portos hispanos de Acapulco e Manila na Idade Moderna. Por ese motivo conserva a día de hoxe unha cultura mestiza.

Precisamente a exposición permite apreciar esa cultura a través de máis dun cento de imaxes de elementos arquitectónicos de Guam, da súa gastronomía, danza, vestimenta, tradicións relixiosas e a lingua, incluíndo exemplos, tamén, da influencia galega.

A mostra itinerante O legado hispánico na illa de Guam chega a Caión tras estar exposta nos últimos anos en cidades como Madrid e Valencia e en varias localidades galegas.